O Goberno recomenda estender as restricións a toda a cidade de Madrid
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, compareceu este venres e recomendoulle á Comunidade de Madrid aplicar as restricións implantadas en varias zonas da rexión a toda a cidade de Madrid e mesmo a todos os municipios nos que haxa máis de 500 casos de covid-19 por cada 100.000 habitantes.
En resumo, estas serían as catro recomendacións trasladadas por parte do Goberno:
• Estender as medidas propostas na orde a toda a cidade de Madrid e municipios que presentan incidencias por riba dos 500 casos por 100.000.
• Manter o permiso de circulación das persoas dentro destas áreas de confinamento perimetral, pero que se estableza unha recomendación explícita de evitar todo movemento innecesario.
• Prohibir o consumo en barra, incluído na orde, de xeito que se estenda a toda a comunidade autónoma non só a determinadas áreas.
• Que se restrinxa en todo o territorio da comunidade a ocupación das terrazas a un 50%.