CRTVG

Buscar

O Goberno rebaixa a previsión de crecemento para este ano ao 6,5 %

Publicado o 09/04/2021 14:04

O Goberno revisou á baixa as previsións de crecemento para este ano. Calculan agora un avance do PIB dun 6,5 %. Anteriormente esperaban un crecemento dun 7,2 %, como mínimo, que podería chegar ata un 9,8, calculaban, coas axudas europeas.

Para o ano que vén, prevén que aumente o crecemento ata un 7 %. O Goberno di que se atrasa un trimestre a  recuperación, pero que o saldo global para os dous anos se mantén igual. E sitúan a finais de 2022 a recuperación do nivel económico previo á crise.

O que melloran son as previsións de paro, que rebaixan un 1,7 puntos e calculan que pechará este ano nunha taxa do 15,2 % e do 14,1 % en 2022.

Noticias web

09/04/2021