CRTVG

Buscar

O Goberno volve poñer sobre a mesa a proposta de cobrar peaxe nas autovías

Publicado o 16/04/2021 15:30

Ao pouco de chegar ao Ministerio, hai tres anos, José Luis Ábalos xa abría o debate de cobrar polo uso das autovías. Desta volta, ponse en negro sobre branco, no documento que se enviará á Unión Europea para acceder aos fondos. O Goberno comprométese a desenvolver un sistema de pagamento polo uso das vías de alta capacidade, co fin de cubrir os seus custos de mantemento.

Dende a Xunta critican a falta de transparencia e diálogo e que  non se informara previamente ás comunidades autónomas dun tema que afecta especialmente a Galicia. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, recorda que a nosa comunidade  "é moi dependente en materia de infraestruras pola nosa posición periférica, e o impacto das peaxes é moitísimo maior".

Xa fixeron cálculos os transportistas de mercadorías de Galicia. Ramón Alonso, presidente de Fegatramer, asegura que un camión tería que pagar por ir e vir a Madrid uns 150 euros, cando agora lle sae gratis. Cren que a medida sería "un castigo, sobre todo a Galicia e Portugal", e advirten que afectará a competitividade de toda a economía galega.

 

Noticias web

16/04/2021