CRTVG

Buscar

O Goberno propón que os autonómos coticen entre 90 e 1.220 euros ao mes, segundo os ingresos

Publicado o 12/05/2021 21:23

O Goberno propón un novo sistema para que os autónomos coticen segundo os seus ingresos reais. A idea é que os traballadores elixan a cantidade que prevén ingresar no ano de entre 13 opcións posibles. Poderana cambiar 6 veces ao longo do exercicio, segundo a evolución dos seus rendementos. Dependendo da opción elixida, terán que pagar unha cota de entre 90 e 1.220 euros mensuais. Se finalmente o traballador ingresou menos do previsto, o Estado devolvería o cotizado en exceso. O Goberno di que a proposta non é definitiva, pero os autónomos xa a criticaron tanto pola forma como polo contido. "O noso non rotundo", asegurou Lorenzo Amor, presidente da Asociación de Traballadores Autónomos. "Hoxe estamos máis lonxe de calquera acordo co Goberno do que estabamos onte pola mañá. Esta proposta é inaceptable entre outras cousas porque está mal deseñada. E non pode ser que teñamos documentos, propostas, que antes non pasaron polo diálogo social", dixo. 

Noticias web

12/05/2021