CRTVG

Buscar

O Goberno propón dar 12.000 euros por cada ano traballado despois da idade de xubilación

Publicado o 12/04/2021 19:56

• Escrivá quere revalorizar as pensións co IPC e facer axustes cada tres anos

O Goberno propón pagarlles un cheque aos traballadores que decidan prolongar a súa vida laboral máis aló da idade de xubilación. É unha das propostas que levou ao Congreso o ministro de Seguridade Social. José Luis Escrivá calcula que ese incentivo podería chegar aos 12.000 euros por cada ano extra traballado no caso das pensións máis altas. O obxectivo sería achegar as idades real e legal de xubilación para axudar a facer máis sustentable o sistema de pensións. Segundo explicou o ministro,"en lugar dunha porcentaxe maior de pensión durante o resto da vida do pensionista unha vez que un demora polo menos un ano a idade de xubilación, pode ser máis atractivo un pago a tanto alzado, un pago dunha soa vez que, na parametración en que estamos traballado pode chegar a 12.000 euros".

 Escrivá explicou este luns que a última proposta abordada cos axentes sociais para revalorizar as pensións pasa por facelo co IPC do ano anterior coa opción de axustar nos tres anos seguintes se a inflación é negativa. Segundo explicou, este sistema de compensación non se aplicaría ás pensións mínimas. A nova fórmula para manter o poder adquisitivo das pensións, subliñou, vincúlase ao IPC do ano anterior e, se se dá o caso de que hai inflación negativa nalgún exercicio, a pensión mantense pero compénsase ao longo dos tres seguintes.

 

Noticias web

12/04/2021