CRTVG

Buscar

O Goberno prevé vacinar os alumnos da ESO e bacharelato antes do comezo do curso

Publicado o 19/06/2021 14:57

Pedro Sánchez presidiu na Moncloa, xunto ás ministras de Educación e Sanidade, a homenaxe á comunidade educativa por converter España nun dos países que menos clases presenciais perderon durante a pandemia. Neste tempo o 98 por cento das máis de 400.000 aulas do ensino non universitario permaneceron abertas.

"O profesorado foi valente e xeneroso, os alumnos disciplinados no cumprimento das medidas sanitarias e as familias sostiveron fisica e moralmente o noso empeño", di Isabel Celáa.

"Acabamos o ano, non será un ano máis na nosa vida profesional, será un ano que dificilmente esqueceremos"
"Sentimos un enorme orgullo polo comportamento dos nosos fillos e fillas, déronnos unha lección" "Aprendemos a ser máis responsables e demostramos que poden confiar en nós"

O presidente do Goberno cre que a resposta da comunidade educativa foi de matrícula e contribuíu ao comezo da recuperación.

"De cumprírense as autorizacións da EMA, poderiamos comezar a vacinación dos estudantes da ESO e de bacherelato dúas semanas antes do comezo do curso e sen dúbida, un paso decisivo para a recuperación económica e social será a vacinación do noso alumnado" di o presidente.

Noticias web

19/06/2021