CRTVG

Buscar

O Goberno prevé unha caída da economía do 9,2% e unha taxa de paro do 19% en 2020

Publicado o 01/05/2020 15:27

Será o tres veces peor que no peor ano da crise financeira. Segundo o Goberno, o PIB español caerá este ano un 9,2%. En 2021 haberá rebote, pero só compensará dous terzos desa caida, ata o 6,8%.

Nadia Calviño, vicepresidenta para Asuntos Económicos, explicou que "se prevé que o impacto macroeconómico da COVID-19 será en forma de v asimétrica, cunha pendente negativa moi pronunciada neste segundo trimestre, mentres que a recuperación será, previsiblemente, máis gradual"

Polo camiño, España destruirá dous millóns de empregos. A taxa de paro subirá este ano ata o 19% e o déficit ata o 10,3, a maior fenda entre ingresos e gastos desde 2012. O executivo garante que se sairá desta sen axustes no sector público.

María Jesús Montero, voceira do executivo, asegura que "este Goberno ten como prioridade que a saída desta crise no provoque as desigualdades e a pobreza que xerou a saída da crise de 2008"

A caída da recadación e as axudas aos damnificados obrigarán a tirar de débeda: chegará ao 115%, o máximo histórico. Son as previsións que o Goberno manda a Bruxelas e que os autónomos cren que poden quedar curtas.

Lorenzo Amor, presidente da Asociación de Traballadores Autónomos, cre que "para que eses datos macroeconómicos se cumpran, o Goberno ten que pasar á acción apoiando empresas, pemes e autónomos. Hai que prolongar os ERTE máis aló do verán e levando algúns ata decembro, hai que apoiar a autónomos facilitando o crédito"

O executivo garante que non subirá impostos, pero si acelerará a aprobación das taxas previstas sobre servizos dixitais e transacións financeiras.