CRTVG

Buscar

O Goberno prepara unha reforma para evitar que os delitos de opinión se penen con cárcere

Publicado o 16/02/2021 16:50

O Goberno opta por non pronunciarse oficialmente sobre o encarceramento do rapeiro Pablo Hasel, pero recorda que o Ministerio de Xustiza xa está preparando unha reforma do Código Penal para evitar que os delitos de expresión supoñan penas de cárcere.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a vicepresidenta primeira Carmen Calvo asegurou que "en todos aqueles asuntos que se derivan da liberdade de expresión e que non supón risco na seguridade das persoas, a reacción sancionadora do Estado coa privación de liberdade pensamos que é unha reacción que non procede no ámbito das liberdades dunha democracia".

Noticias web

16/02/2021