CRTVG

Buscar

O Goberno resístese a poñer data á fin da máscara en exteriores, que "será pronto"

Publicado o 16/06/2021 19:35

O Goberno de momento non fixa data concreta para a retirada das máscaras ao aire libre. Sanidade e as comunidades autónomas abordaron esta tarde o asunto na Interterritorial de Sanidade, pero sen chegar a ningunha conclusión,

O Ministerio de Sanidade anuncioulles aos representantes autonómicos que están preparando solucións legais para levantar a obrigatoriedade de usar a máscara ao aire libre, pero de momento non hai unha data fixada. A ministra Carolina Darias limitouse a dicir, como xa fixo esta mesma mañá o presidente do Goberno, que será "pronto", e que se fará de maneira coordinada con todas as comunidades. Tampouco chegou a un acordo o Consello Interterritorial sobre a posibilidade de vacinarse noutra comunidade durante as vacacións, xa que, dixo, non hai unanimidade. 

Noticias web

16/06/2021