CRTVG

Buscar

O Goberno portugués defende manter o cobramento polo uso das autovías

Publicado o 31/08/2021 15:02

Portugal aplicou descontos nalgunhas autovías este verán, pero non contempla retirar as peaxes. Igual ca o Goberno español, o portugués defende que cobrar axuda a manter a rede de estradas.

Para o Goberno luso, esta recadación mantén e amplía a rede de autovías de Portugal, da que din con orgullo que chega ata a cidade máis pequena, sobre todo, no norte. A finais de xuño aplicouse, iso si, un desconto que non estivo libre de polémica porque, segundo denuncian diferentes asociacións de usuarios, tomaron como referencia os prezos de hai 10 anos e non os actuais.

De todas as formas, os galegos víronse beneficiados porque dúas das autovías máis usadas por nós, a de Verín-Chaves, e a A-28 dende o Miño ata O Porto son máis baratas dende hai unhas semanas.

Noticias web

31/08/2021