CRTVG

Buscar

O Goberno portugués busca solucións á suba dos prezos dos combustibles

Publicado o 20/10/2021 16:38

O Goberno portugués busca solucións ante a suba desorbitada dos combustibles. Para os consumidores a situación é insostible e preocupante, porque conducirá moi probablemente á suba dos prezos doutros produtos, e, de feito, os transportistas xa anunciaron paradas e protestas.

Mentres, o Executivo xa anunciou unha baixada nos impostos dun céntimo no gasóleo e dous na gasolina, algo que os usuarios consideran ridículo se temos en conta que o 60 % do valor do prezo dos combustibles en Portugal son impostos.

Por outro lado, hai uns días aprobaron no Parlamento unha lei que fixa uns máximos, pero aínda están á espera da sinatura do presidente da República.

Noticias web

20/10/2021