CRTVG

Buscar

O Goberno podería rebaixar máis o IVE da luz segundo Bruxelas

Publicado o 01/09/2021 21:11

A luz en España é das máis caras da Unión Europea, lixeiramente por debaixo de países como Alemaña, Bélxica ou Irlanda. Dende a Comisión insisten en que os prezos mínimos ou máximos non se poden fixar publicamente, pero que o Goberno si ten marxe para actuar. 

O Goberno podería rebaixar aínda máis os tipos do IVE para a enerxía. En veciños como Portugal ou Francia son inferiores no tramo fixo da factura. 

Este mesmo mércores o comisario de Economía, Paolo Gentiloni, lembrou que se poden aplicar tipos superreducidos e aprobar exencións fiscais para as renovables e os combustibles alternativos, coas que acelerar a implantación de enerxías limpas. Porque unha das cousas da suba da luz está nos dereitos de contaminación de CO2 das plantas de produción.

O seu prezo está subindo en toda Europa e iso encarece a enerxía. O Goberno tamén podería recortar as marxes das nucleares e hidráulicas, logo de que pasen polo mercado grosista da enerxía. Así evitaríanse os baleirados dos encoros que aconteceron este verán.

Noticias web

01/09/2021