CRTVG

Buscar

O Goberno pídelle ao PP que vaia máis alá do acordo e tamén se renove o CXPX

Publicado o 15/10/2021 15:44

Seguen as reaccións despois de que PSOE e PP acordaran renovar a maioría dos órganos constitucionais. A próxima semana comezarán a pechar os nomes.

Queda fóra do pacto o Consello Xeral do Poder Xudicial. Dende o Goberno, a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, valora o acordado e pídelle ao PP que acceda a renovar agora o máximo órgano de goberno dos xuíces. O PP insiste na súa condición para renovalo: cambiar o método de elección dos xuíces para gañar en independencia.

O presidente do Goberno felicita o acordo entre o PSOE e o PP. Pedro Sánchez non aludiu a se Podemos tivo algún papel nas negociacións e pide ao PP un esforzo para renovar tamén o Consello Xeral do Poder Xudicial.

 

Noticias web

15/10/2021