CRTVG

Buscar

Calviño pide a Feijóo que priorice os proxectos para financiar cos fondos europeos

Publicado o 16/09/2021 20:42

EFE/Lavandeira jr

O presidente da Xunta di que as prioridades do Goberno galego están claras. O que pide é que o Executivo central garanta unha repartición equitativa dos fondos europeos.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, "trasladeille o interese por poder competir co resto de proxectos que se presenten no resto de territorios por parte dos distintos gobernos. A cogobernanza e o coñecemento dos criterios de repartición son cuestións moi importantes".

A vicepresidenta do Goberno asegura que os fondos europeos teñen que debuxar un novo país. Daquela, é importante a cogobernanza e a coordinación entre comunidades autónomas: "Estamos tratando de ordenar como imos conseguir xestionar estes investimentos da maneira máis eficiente posible".

Núñez Feijoo trasladoulle a Nadia Calviño a preocupación pola crise industrial que vive especialmente a comarca de Ferrolterra. Tamén lle pediu que interveña para evitar a exclusión financeira dos 55.000 galegos que quedaron sen oficinas bancarias e caixeiros no seu territorio para "ordenar o que o mercado ás veces non ordena, pero que o sector público debe propoñer".

O presidente da Xunta recibirá este venres a vicepresidenta terceira do Goberno Yolanda Díaz, que visitará Galicia.

Noticias web

16/09/2021