CRTVG

Buscar

O Goberno pide evitar os desprazamentos ante a "gravidade" do temporal

Publicado o 09/01/2021 17:25

Nevarada histórica en Madrid con colapso das comunicacións

• Renfe suspende os trens con orixe e destino en Madrid e Barajas suspende a actividade

• Hai 659 estradas e portos afectados, 133 pechados

Os ministros de Interior Grande Marlaska e de Transportes, José Luis Ábalos, facían un insistente chamamento á poboación a que quede na casa ante a "gravidade" da situación e o empeoramento do temporal. Filomena xa cobrou catro vidas: dúas persoas en Málaga e outras dúas en Madrid.

"Afrontamos o temporal más intenso nos últimos 50 años", dicían. A borrasca Filomena deixa en Madrid a nevarada máis intensa desde polo menos 1971. En cifras xa son máis de 1.500 as personas rescatadas en Madrid. Un 70 por cento dos vehículos está desocupado e os ocupantes do 30 por cento restante reciben auxilio da UME e da Garda Civíl.

Valencia, Castelló, Tarragona, Teruel e Zaragoza permanecen en alerta vermella O Exército afánase no rescate de condutores atrapados pola nevarada. En Guadalaxara acumúlanse ata 1,20 metros de altura de neve nalgúns puntos.

A situación desbordou as previsións máis pesimistas recoñecen desde o Goberno. Así, levou a Renfe a suspender os trens desde e cara a Madrid. O aeroporto madrileño ampliou o peche a todo o sábado. Centos de estradas só son accesibles en toda España con cadeas. Os autobuses e os trens de proximidades están suspendidos en Madrid e o alcalde, José Luis Martínez-Almeida, solicitoulle reforzos ao Exército: aseguraba que a "situación é moi grave, a cidade está bloqueada".

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez contactou esta tarde cos presidentes das comunidades máis afectadas polo temporal e cos alcaldes e pide "máxima prudencia aos cidadáns".

Noticias web

09/01/2021