Galicia, entre as comunidades que discrepan co Goberno sobre a fin do estado de alarma
• O Executivo cre que as comunidades teñen instrumentos axeitados
• Feijóo cre que o Goberno deixa sen alternativas coa fin do estado de alarma
O Goberno conta con levantar o estado de alarma o próximo 9 de maio. A partir de aí, serán as comunidades autónomas as que acorden as restricións. Estas medidas teñen que ser aprobadas no Consello Interterritorial e son de obrigado cumprimento en todo o país.
Para o Executivo, as autonomías xa teñen instrumentos xurídicos suficientes para facer fronte á pandemia. É un modelo "en que cada un no seu marco establece os límites de restrición, que non poderán afectar dereitos fundamentais", apuntou esta mañá nunha entrevista en RNE María Jesús Montero.
A voceira do Executivo agarda así que haxa unha mobilidade "máis normalizada, aínda que nunca plena normalidade".