CRTVG

Buscar

O Goberno pacta cos axentes sociais prorrogar os ERTE catro meses máis

Publicado o 06/05/2021 17:06

Goberno e axentes sociais acordan prorrogar os ERTE catro meses máis, ata o 30 de setembro. Aínda así, continuarán as reunións para negociar as súas condicións.

A intención da ministra de Traballo é manter o esquema actual. En fronte ten a opinión doutros membros do Executivo, como a vicepresidenta económica, que defenden ir avanzando cara a outros modelos.

Dende Galicia, a Xunta pide que se manteñan as axudas ás empresas. Din que moitos sectores aínda están paralizados e seguen precisando un rescate.