CRTVG

Buscar

O Goberno negocia as vendas das plantas de Alcoa, pero di que precisa tempo

Publicado o 14/01/2019 20:32

Alcoa entra en tempo de desconto sen que, polo momento, haxa acordo entre a dirección e os sindicatos sobre o ERE. As dúas partes están reunidas en Madrid, cando faltan 24 horas para que remate o prazo que deu a empresa para negociar as condicións dos despedimentos.

Os comités de empresa da Coruña e de Avilés insisten en pedir a intervención do Goberno, como única saída para salvar as factorías. A ministra de Industria admite que están negociando a venda das dúas plantas, pero di que a operación precisa tempo. Se non hai acordo, ás dez da noite de mañá martes empezarán os despedimentos. 

Reyes Maroto, ministra de Industria: "A solución depende da vontade de todas as partes, a máis importante de que a empresa manteña a produción da planta ata que se atope un comprador. Nós temos nestes momentos abertas negociacións con investidores potenciais, pero iso leva tempo".

Noticias web

14/01/2019