CRTVG

Buscar

O Goberno mantén os prazos de vacinación previstos

Publicado o 28/01/2021 22:40

O Goberno mantén os prazos de vacinación previstos. Segundo os datos fornecidos este xoves polo Ministerio de Sanidade, administráronse un total de 1.395.618 doses desde hai un mes, cando se iniciou o plan de vacinación.

Ata o momento, administráronse as dúas doses a 192.759 persoas, 19.000 máis que o mércores.

Do total de 1.769.055 doses subministradas ás comunidades autónomas, inxectouse o 78,9 %, 1.369.272 de Pfizer e 26.346 de Moderna.

A Ministra de Sanidade afirmou que este domingo chegarán 52.000 doses da vacina de Moderna.

Noticias web

28/01/2021