CRTVG

Buscar

O Goberno madrileño investiga se un mitin do PSOE se celebrou nunha zona confinada

Publicado o 26/04/2021 15:08
O Goberno madrileño investiga se un mitin do PSOE se celebrou nunha zona confinada

A campaña electoral en Madrid cargouse de controversias. A Asociación Jusapol, que agrupa a membros da Benemérita e da Policía Nacional, criticou a participación da directora da Garda Civil nun mitin do PSOE, por romper, din, a neutralidade política que se lle esixe ao corpo.

Por outra banda, a Consellería de Sanidade madrileña investiga se estoutro acto, celebrado nun polideportivo de Xetafe, se realizou nunha zona básica de saúde confinada dende hai tres semanas.

O PSOE nega calquera infracción e di que a entrada ao recinto se fai por unha rúa que non está afectada polo peche perimetral. Nese mitin participou o ministro do Interior. Na súa intervención, Fernando Grande-Marlaska cualificou o PP de "organización criminal".

Noticias web

26/04/2021