CRTVG

Buscar

O Goberno madrileño amplía de seis a dez anos a duración dos concertos educativos

Publicado o 16/12/2020 13:53

Ante a inminente aprobación da nova lei educativa, o Goberno da Comunidade de Madrid decidiu ampliar de seis a  dez anos a duración dos concertos educativos.

Segundo o conselleiro de Educación da Comunidade de Madrid, Enrique Ossorio, asegura que así lles dará máis seguridade ás familias que opten polo ensino concertado.

"Queremos darlles certeza e tranquilidade ás familias porque cremos que neste momento non están tranquilas. Hai un cambio de lei orgánica educativa que é polémico. Nós non estamos de acordo con esa lei orgánica porque quere converter a concertada en subsidiaria, non en complementaria, que é o que se pactou na Constitución".

Noticias web

16/12/2020