CRTVG

Buscar

Restricións nos aeroportos: desde o venres poden entrar acompañantes nas terminais

Publicado o 11/10/2021 20:06

Os aeroportos españois volverán ter vida a partir do venres. Desde ese día poderán entrar novamente os acompañantes dos viaxeiros para despedilos ou para recibilos dentro das terminais. O Goberno fala de volta á normalidade tamén nas comunicacións.

Isabel Rodríguez, portavoz do Goberno, "sen dúbida é unha medida importante de volta á normalidade, grazas ao bo resultado das medidas que se foron adoptando, do proceso de vacinación, e da situación sanitaria en que se atopa España".

No último ano e medio, desde xullo de 2020, só podían acceder aos aeroportos os pasaxeiros con tarxeta de embarque, os empregados e as forzas de seguridade. A partir do venres non haberá límites de ocupación nas terminais, pero as autoridades apelan á prudencia: "con moderación... hai que estar aquí o menos tempo posible. Non se pode estar aquí horas e horas".

A apertura das terminais poderá limitarse de forma puntual en momentos de grande afluencia de pasaxeiros para garantir a seguridade sanitaria.

Noticias web

11/10/2021