CRTVG

Buscar

O Goberno lanza axudas de ata 7.000 euros para comprar coches eléctricos

Publicado o 09/04/2021 15:45
O Goberno lanza axudas de ata 7.000 euros para comprar coches eléctricos

O Goberno central lanza o terceiro plan Moves para incentivar a compra de coches de cero emisións. A convocatoria está dotada con 400 millóns, ampliables ata 800.

Particulares e autónomos poderán optar a axudas de ata 7.000 euros para comprar un coche eléctrico, se entregan outro para achatarrar de máis de sete anos. No caso das motocicletas eléctricas, a subvención chega a 1.300 euros. O plan tamén quere incentivar a implantación de máis puntos de recarga.

Noticias web

09/04/2021