O goberno italiano aproba un decreto para afastar os grandes cruceiros de Venecia
Publicado o 02/04/2021 08:40

O goberno italiano aprobou un decreto para afastar os grandes cruceiros de Venecia. Na actualidade xa non poden acceder polas restricións da pandemia pero en 2018 pasaron pola cidade case 600.
Nunha primeira fase, as grands naves atracarán nunha localidade próxima. Nos próximos meses, o goberno italiano convocará un concurso para elixir un porto altrnativo en que atracarán os barcos de máis de 40.000 toneladas.