CRTVG

Buscar

O Goberno investiga as eléctricas polo baleirado de catro encoros en Galicia

Publicado o 21/08/2021 16:15

E hai polémica cos encoros. O Goberno está investigando se as compañías eléctricas están baleirando a auga para producir máis, aproveitando que os prezos están tan altos. En Galicia investigan catro casos. Chaman a atención sobre todo os encoros de Vilariño de Conso: Cenza e As Portas.

Están a un 13 e un 15 % da súa capacidade, cando o verán pasado, que foi bastante máis seco, estaban por riba dun 60 %. Tamén abriron expediente sobre o encoro de Salas, en Muíños, que ten o nivel de auga no 28 %.

Na provincia de Lugo o foco está posto en Belesar, que está ao 31 % da súa capacidade, xusto a metade do ano pasado por estas datas.

Noticias web

21/08/2021