O Goberno impulsa a primeira lei para evitar o desperdicio de alimentos
O Goberno aprobou hoxe o proxecto para facer a primeira lei contra o desperdicio de alimentos en España.
Establecerá normas para todos os elos da cadea alimentaria. As tendas, por exemplo, deberán fomentar a venda de produtos imperfectos ou pouco estéticos se están en condicións óptimas de consumo. E os restaurantes terán que ofrecerlle aos clientes a posibilidade de levar a comida que non consuman. Tamén se fomentará a doazón dos produtos sobrantes a entidades sociais. Todo, segundo o Goberno, para evitar o desperdicio de comida, que en España alcanza cifras moi altas.
Luis Planas, ministro de Agricultura: "3 de cada 4 fogares españois desperdician alimentos. Calcúlase que cada español desperdicia uns 31 quilos ao ano. En total, en 2020 desperdiciáronse 1.364.000 toneladas".