O Goberno galego recibe os 16 deportistas que participaron nos Xogos Paralímpicos
Publicado o 10/09/2021 15:31
Imaxe de hai uns minutos no monte Gaiás, na Cidade da Cultura.
Recepción do Goberno galego aos dezaseis deportistas da nosa comunidade que participaron nos Xogos Paralímpicos.
Galicia regresou de Toquio con cinco metais, o ouro da triatleta viguesa Susana Rodríguez Gacio, o ouro e a prata da atleta monfortina Adi Iglesias e o bronce do tirador pontevedrés Juan Saavedra. E hai que engadir a prata do ciclista tudense Gustavo Rodriguez en tríatlon exercendo de guía.
Os deportistas foron agasallados polo presidente Alberto Núñez Feijóo e polo secretario xeral Xosé Ramón Lete Lasa.