O Goberno galego investirá 359 millóns na industria 4.0 ata o 2022
Publicado o 18/07/2019 15:02
Dos 350 millóns de euros que a Xunta destinará á industria 4.0 ata o 2022, a metade investiranse este ano e o que vén en catro medidas: un programa de financiamento integral para empresas, prestar servizo ás PEME, impulsar máquinas e tecnoloxías feitas en Galicia para a fabricación do futuro e crear un observatorio para facilitar que se coñezan todos os axentes do sector e favorecer a colaboración entre eles.
A Xunta vailles presentar a folla de ruta para a industria 4.0 a empresas e sindicatos para que fagan as súas achegas. Con este plan, o Goberno galego prevé crear 13.500 empregos industriais e mobilizar 900 millóns de euros nos vindeiros catro anos.