CRTVG

Buscar

O Goberno estuda vacinar os adolescentes antes do vindeiro curso escolar

Publicado o 19/05/2021 22:41

• Pecha coas comunidades o protocolo de regreso ás aulas e mobiliza 13.400 millóns extraordinarios

O Goberno e as comunidades tamén pecharon esta tarde o protocolo para o inicio do próximo curso no ensino non universitario. Seguirá habendo grupos estables de convivencia en infantil e secundaria, e os estudantes maiores de 6 anos terán que usar obrigatoriamente a máscara. Será imprescindible tamén manter a distancia de seguridade, que se reduce nalgúns casos de metro e medio a 1,2 metros.

O protocolo poderase ir revisando e modificando de acordo coa situación epidemiolóxica, e só en casos moi excepcionais se optará pola semipresencialidade. Galicia reclamou fondos adicionais para facerlle fronte á nova realidade, e o Goberno concretou xa unha partida para o próximo curso, con 13.400 millóns de euros extradordinarios. 

A ministra de Sanidade avanzou este que baralla a posibilidade de vacinar aos adolescentes, entre 12 e 16 anos, antes de que comece o próximo curso escolar. En conferencia de prensa conxunta coa ministra de Educación, Isabel Celaá, tras a reunión da Sectorial de Educación e o Interterritorial de Saúde, Darias subliñou que a idea sería incluír isto na estratexia de vacinación se así o acorda o Consello Interterritorial de Saúde. Precisou que tamén habería que esperar a ver que di a Axencia Europea de Medicamentos (EMA). Pola súa banda, Celaá comentou que "recibe cos brazos abertos esta posibilidade" polo que supón de "movemento e avance importante". 

Noticias web

19/05/2021