CRTVG

Buscar

O Goberno está disposto a negociar cos concellos o decreto dos remanentes

Publicado o 12/08/2020 14:45

O presidente do Goberno anunciou que está disposto a negociar o decreto dos remanentes cos concellos, un texto que levantou as críticas de alcaldes de moi distinto signo político.

O Partido Popular segue mobilizando os seus alcaldes en contra da transferencia dos seus aforros. Hoxe, reunión de responsables locais do noroeste. Pídenlle ao Ministerio de Facenda que reformule o decreto.

A alcaldesa de Santander, Gema Igual, cualificou o texto de "imposición unilateral, que nos obriga ou nos coacciona para dar os nosos aforros ao Goberno. Un texto onde o que primeiro dámos, devólvennolo en 17 anos e deixando a moitos concellos fóra".

Dende o Goberno defenden o decreto pero, aínda así, ábrense a negociar. Pedro Sánchez  téndelle a man aos concellos para seguir negociando. "Máxima dispoñibilidade para que se convalide este real decreto e, sobre todo, para permitir aos concellos investir 5.000 millóns de euros nesa tarefa de recuperación que temos por diante", asegurou o xefe do executivo.

Polo momento, o PSOE non ten os votos suficientes para convalidar o decreto no Congreso.

Noticias web

12/08/2020