CRTVG

Buscar

Goberno e axentes sociais chegan a un preacordo para renovar os ERTE ata o 30 de setembro

Publicado o 26/05/2021 17:52
Goberno e axentes sociais chegan a un preacordo para renovar os ERTE ata o 30 de setembro

O Goberno e os axentes sociais alcanzaron este mércores un preacordo para prorrogar os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) ata o 30 de setembro. Segundo confirmaron a Europa Press fontes do diálogo social, os "escollos" que había coa CEOE están salvados e estase traballando para pechar o resto, aínda que o acordo "está case".

Neste principio de acordo, as exoneracións aproximaríanse máis ao que pedían tanto CEOE como Cepyme. A patronal, pola súa banda, vai celebrar un comité executivo extraordinario ás 18.00 horas e informará posteriormente da súa decisión.

Noticias web

26/05/2021