CRTVG

Buscar

O Goberno di que a proposta para rebaixar a luz estará lista "nos próximos días"

Publicado o 07/09/2021 15:03

O Goberno prepara un plan de choque para que se cumpra o que dixo Pedro Sánchez. Que ao final de ano paguemos pola luz menos que no 2018. Para iso prevé unha serie de medidas: que as grandes eléctricas cedan a comercializadoras parte da súa produción, poxas para fixar o prezo a longo prazo e non a diario, manter a cobertura a consumidores vulnerables e que a redución do IVE sexa permanente.

O plan do Goberno non pasa pola creación dunha empresa pública de enerxía como reclaman dende Unidas Podemos. Hoxe, á lea motivada pola escalada do prezo da luz súmase o Partido Popular. Anuncia unha proposta de reforma sobre a luz que permitirá rebaixar o prezo un vinte por cento. Será mediante a supresión de carga fiscal e cargos regulatorios agora incluídos na factura do usuario.

Medidas, din no Partido Popular, que xa presentaron ata en seis ocasións no Congreso, rexeitadas sempre polo Goberno. Pola súa parte, o Executivo agarda aprobar canto antes o seu plan de choque.

Noticias web

07/09/2021