CRTVG

Buscar

O Goberno devolve de oficio as multas impostas no primeiro estado de alarma

Publicado o 22/10/2021 19:19

• Os cidadáns só deberán comunicar o seu número de conta cando llelo requiran

• As multas foron anuladas no seu polo Tribunal Constitucional

O Goberno devolve de oficio as multas impostas no primeiro estado de alarma
EFE

O Goberno iniciou o trámite para devolver ás persoas que pagaron as multas impostas durante o primeiro estado de alarma o seu diñeiro e farao de oficio, polo que os cidadáns non terán que facer ningún trámite, só comunicar o seu número de conta cando llelo requiran.

Segundo explicaron a Efe fontes do Ministerio de Política Territorial, o Goberno ordenou crear un equipo de traballo para proceder á devolución das multas impostas no primeiro estado de alarma, que anulou o Tribunal Constitucional, e analizar os expedientes que se seguen tramitando pola administración.

As devolucións realizaranse de oficio a través das Delegacións e Subdelegacións, desde onde se requirirá aos afectados previamente que identifiquen o número de conta bancaria. Os equipos están formados por membros da Axencia Tributaria, a Delegación de Economía, o Tesouro e Política Territorial, xunto con grupos informáticos. 

Xa se puxeron en marcha os procedementos masivos para revogar os expedientes sancionadores de máis dun millón de multas, cun valor que ascendería ata os 115 millóns de euros.

 

Noticias web

22/10/2021