O Goberno defende que o estatuto garante o futuro de 30 empresas
Publicado o 19/02/2020 14:49
O PP reprochoulle á ministra de Industria que o estatuto para as empresas electrointensivas non convence a ninguén e lamentou que non se dea un tratamento diferenciado a Alcoa, pola súa magnitude.
A ministra respondeu que a norma non é para unha única empresa nin territorio, senón que é para o conxunto das industrias, e cre que o estatuto si proporciona estabilidade e seguridade, e que terán os apoios suficientes no Congreso para sacalo adiante.