CRTVG

Buscar

O Goberno declárase consternado polo peche da planta de Vestas en Viveiro

Publicado o 21/09/2021 16:57

A decisión de Vestas de pechar a planta de Viveiro supuxo un forte golpe para os 115 traballadores. A multinacional danesa leva 22 en Viveiro e xustifica o peche pola necesidade de adaptarse á transición enerxética. A empresa ofrécese a recolocar todos os traballadores nas outras dúas plantas que ten en España: as de Daimiel e Villafranca do Penedés. Aínda así, os traballadores ven un futuro complicado.

A ministra de Industria, Reyes Maroto, asegura que o Ministerio se pon a disposición da Xunta de Galicia para traballar xuntos nunha saída á situación de Vestas. Maroto espera que a empresa se poña en contacto canto antes co Executivo. "É un novo pao para a comarca da Mariña, estamos consternados coa noticia. O Goberno estará do lado dos empregados e traballando para a planta teña futuro", dixo.   

Noticias web

21/09/2021