CRTVG

Buscar

O goberno de Venezuela e a oposición comezan o diálogo para saír da crise

Publicado o 14/08/2021 09:58

Representantes do goberno e da oposición venezolana negocian en México de novo, buscando unha saída á grave crise. Nun hotel da capital mexicana, os representantes do goberno venezolano de Nicolás Maduro, e os da oposición liderada por Juan Guaidó, asinaron un documento de apertura formal destas negociacións, impulsadas por Noruega e co apoio dos Países Baixos e Rusia.

Se todo fose ben, a fin de semana debería rematar cun acordo para celebrar eleccións con garantías en Venezuela, e para o levantamento das sancións internacionais.

Nas súas redes sociais, Nicolás Maduro limitouse polo momento a saudar o proceso, mentres que o líder opositor, Juan Guaidó, advertiu que se as negociacións fracasan haberá máis conflito.


Noticias web

14/08/2021