CRTVG

Buscar

O Goberno de Sánchez prepárase para un 'brexit' duro

Publicado o 05/09/2019 15:48

Para abordar ese escenario dun brexit duro, esta mañá o presidente Pedro Sánchez reunía todos os seus ministros. O obxectivo é analizar as medidas xa previstas nun decreto no mes de marzo e determinar se son precisas outras novas ante a posibilidade dunha ruptura co Reino Unido non pactada.

Esta mañá referíase a este asunto a ministra de Economía nun almorzo informativo e recoñecía a necesidade de estar preparados para o peor dos escenarios posibles.

Noticias web

05/09/2019