O Goberno, de retiro en Toledo
Publicado o 07/02/2020 20:32
Pedro Sánchez reunirá esta fin de semana os membros do seu Goberno en Quintos de Mora, unha propiedade estatal na provincia de Toledo. O obxectivo desta xuntanza de convivencia é, segundo fontes da Moncloa, aumentar a confianza e un maior coñecemento mutuo entre os diferentes integrantes do goberno de coalición. Será a primeira vez que acudan os ministros de Unidas Podemos. O ano pasado, Sánchez xa levara alí o seu goberno anterior. Este predio tamén o utilizaran Aznar e Zapatero para descansaren ou recibiren dirixentes doutros países.