O Goberno de Maduro anuncia que rescatou oito dos militares secuestrados
Publicado o 01/06/2021 08:49

Liberados oito dos militares venezolanos que foran secuestrados o pasado mes de abril na fronteira con Colombia. Os militares estaban en poder dun grupo disidente da antiga guerrilla colombiana das FARC. O Goberno venezolano asegura que o rescate foi froito dunha operación militar levada a cabo na zona fronteiriza. Outros dous militares seguen en paradoiro descoñecido e supostamente en poder deste grupo disidente da extinta guerrilla colombiana.