CRTVG

Buscar

O Goberno de Madrid rexeita a última proposta dos taxistas para regular os VTC

Publicado o 30/01/2019 19:16

O Goberno de Madrid está disposto a negociar cos taxistas a regulación dos VTC, pero rexeita de plano a proposta que lle presentaron esta mañá. Di que a maioría das condicións son inasumibles para a administración. Entre elas, esa hora que os taxistas impoñen para precontratar un VTC. No documento dos taxistas piden ademais que os VTC non poidan facer servizos de menos de cinco quilómetros de percorrido, e que teñan que volver á base despois de cada viaxe. As posturas continúan enfrontadas, e o sector do taxi mantén a folga indefinida.
 

Noticias web

30/01/2019