CRTVG

Buscar

O Goberno de España transfire a Euskadi tres novas competencias

Publicado o 25/06/2020 13:33

Poucas horas antes de que comece a campaña electoral, o Goberno de España transfire a Euskadi tres das 32 competencias que ten pendentes e que recolle o Estatuto de Gernika aprobado hai 40 anos. 

Euskadi asume a execución da lexislación sobre produtos farmacéuticos, os medios adscritos á xestión das prestacións sanitarias do seguro escolar e a xestión das axudas previas á xubiliacion de traballadores que estean afectados por ERE.

Na reunión entre o voceiro do goberno vasco e a ministra Carolina Darias avanzaron tamén no calendario das materias que quedan por traspasar.


 

Noticias web

25/06/2020