O Goberno dálle unha semana de prazo a Alcoa para que recapacite e venda a planta
Publicado o 07/07/2020 15:32
O Goberno dálle a Alcoa un prazo dunha semana para que recapacite e venda a planta de aluminio a un inversor industrial que está interesado na compra.
Así llo trasladou o secretario de industria do ministerio aos representantes dos traballadores nunha reunión telemática.
Dende o comité de empresa informan que o goberno tamén solicitou a paralización do ERE apoiando así a solicitude da consellería de economía.
O ministerio tamén se compromete a establecer un precio da enerxía entre 25 e 35 euros megawatt ligado a un plan de viabilidade industrial a 10 anos.