CRTVG

Buscar

O Goberno crea un comité experto para reformar o sistema fiscal español

Publicado o 12/04/2021 16:27

O Goberno deu hoxe o primeiro paso para reformar todo o sistema fiscal español. Esta mañá quedou constituído un comité, formado por 17 expertos na materia, que redactarán, no prazo dun ano, as directrices que se van seguir.

O Goberno xa adiantou as súas prioridades: reformar, e harmonizar, o financiamento autonómico, subir os impostos á riqueza e tamén o de sociedades, establecendo unha tributación mínima para as grandes compañías.

Ante a prensa, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, apuntou que "seguro que o imposto de sociedades vai ser un dos máis importantes neste primeiro momento da reforma fiscal, e logo, outras figuras como as vencelladas á riqueza, como son os impostos de patrimonio, sucesións e doazóns, que tamén o ministerio ten especial interese en escoitar cal é a fórmula que consideran máis adecuada".

Noticias web

12/04/2021