CRTVG

Buscar

O Goberno cre que as melloras no ingreso mínimo vital duplicarán os beneficiarios desta prestación

Publicado o 18/10/2021 15:23

O ingreso mínimo vital chegará ao dobre de persoas coas modificacións pactadas entre os socios do Goberno.

A ministra de Dereitos Sociais e o de Inclusión anunciaron que as persoas que perdan os ingresos de forma repentina non terán que esperar un ano para acceder á prestación. Amais, quen estea cobrando o paro poderá solicitar o ingreso mínimo antes de esgotar a prestación. O importe aumentará un 22 por cento para as familias con algún membro con discapacidade.

Noticias web

18/10/2021