O Goberno convocará unha Conferencia de Presidentes para falar do curso escolar
Publicado o 18/08/2020 18:18
Pois o Goberno confirma que a finais de agosto ou primeiros de setembro convocará unha Conferencia de Presidentes para abordar o inicio do curso escolar. A ministra de Política Territorial, que foi a que fixo o anuncio, di que é de vital importancia que as administracións sigan traballando de maneira coordinada para loitar contra o virus.
Carolina Darias, ministra de Política Territorial e Función Pública: "Creo que a conferencia de presidentes como pedra angular da nosa arquitectura constitucional e do noso país, e desde logo o máximo órgano de cocperación multilateral está tendo unha relevancia moi importante".