CRTVG

Buscar

O Goberno considera illar os contaxiados asintomáticos

Publicado o 05/04/2020 21:11

O Goberno estuda a posibilidade de illar as persoas asintomáticas que dean positivo por coronavirus. Sería na seguinte fase de loita contra a pandemia: a fase que os expertos denominan de "desescalada" e xa están a planificar. E para iso...

"O presidente do Goberno pediu ás comunidades autónomas para antes do venres 10 de abril unha listaxe de infraestruturas públicas ou privadas para poder aloxar, de ser necesario e segundo criterios científicos, os asintomáticos".

Poderían ser hoteis, pazos de congresos, polideportivos, albergues...

E sobre as cuestións xurídicas e a obrigatoriedade ou non da medida, o ministro de Interior, Grande-Marlaska, precisaba que se garantirán os dereitos e liberdades dos cidadáns.

"Unha voluntariedade manifesta sería algo factible; se non, estudaríase todas as posibilidades legais, porque hai un principio fundamental: a saúde pública. Cun respecto exquisito dos dereitos fundamentais".

O presidente do Goberno tamén comunicou ás comunidades autónomas que se lles vai repartir nas vindeiras horas un millón de tests rápidos complementarios ás probas PCR e que chegarán máis.

"Van servir para facer un cribado rápido nunha pimeira fase en hospitais e residencias de maiores".

Sánchez agradeceu ás comunidades autónomas a unidade e dixo contar con elas para reeditar os Pactos da Moncloa.

"Todos os presidentes de comunidades autónomas están co Goberno en saír adiante, e na reedición dos Pactos da Moncloa as comunidades autónomas cumpren un papel moi importante".

Ademais, nesa reunión, o Goberno aceptou a petición do presidente da Generalitat de levantar o confinamento da poboación de Igualada.

Noticias web

05/04/2020