O Goberno achega posturas sobre o decreto de desafiuzamentos
PSOE e Podemos achegan posturas sobre o decreto dos desafiuzamentos.
É unha indemnización que so se poderá pedir cando as administracións tarden máis de tres meses en ofrecer unha alternativa habitacional ás persoas que van ser desaloxadas. De momento, trátase só dun proxecto.
O Goberno confía en aprobar o decreto antidesafiuzamentos nun dos Consellos de Ministros que quedan antes de rematar o ano. Esta compensación que se presenta agora para os propietarios das vivendas daríase tanto se se trata de inquilinos con contrato de arrendamento ou de familias vulnerables que ocupan unha vivenda sen título legal.
En ambos casos, o propietario deberá xustificar o prexuízo que se lle causa e solicitar a indemnización. O importe dependerá dos prezos de mercado na zona onde esté o inmoble ou, se hai contrato legal, o da renta non percibida.
O decreto antidesafiuzamentos foi motivo de polémica nas últimas semanas entre os dous sectores do goberno, sobre todo polos apartados nos que se contempla a situación de persoas que ocupan ilegalmente un inmoble que non é da sua propiedade.