CRTVG

Buscar

O goberno colombiano confirmou que varios dos detidos son exmembros do seu exército

Publicado o 09/07/2021 08:45

O Goberno de Colombia confirmou que varios dos estranxeiros capturados pola morte do presidente de Haití son exintegrantes das súas forzas armadas. A confirmación chegou logo de que as autoridades haitianas mostrasen un video cos sospeitosos de participaren no magnicicio levado a cabo o mércores pasado. O Goberno de Haití asegurou que o comando armado que matou o presidente estaba composto por 26 colombianos e dous estadounidenses de orixe haitiana que supostamente foran contratados como tradutores.

Noticias web

09/07/2021