CRTVG

Buscar

O Goberno concédelle un novo xulgado do Social a Santiago e négallo a Lugo

Publicado o 26/02/2019 20:49

Indignación na cidade de Lugo. O delegado do Goberno, Javier Losada, confirmou que Lugo non contará cun novo Xulgado do Social. A proposta definitiva do Ministerio de Xustiza deixa fóra dos seus plans este xulgado, que reclamaban de forma unánime dende o Concello, a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con todo, a alcaldesa da cidade di que seguirán reclamándoo e anunciou que solicitaron unha reunión urxente coa ministra de xustiza.

O que si se mudou foi a decisión que afecta o concello de Santiago. Alí si contarán cun novo Xulgado do Social que será o cuarto. O alcalde, Martiño Noriega, felicítase pola rectificación, pero amósase cauto e agarda pola confirmación do ministerio.