CRTVG

Buscar

O Goberno catalán reúnese para fixar a nova data das eleccións en Cataluña

Publicado o 15/01/2021 13:57
O Goberno catalán reúnese para fixar a nova data das eleccións en Cataluña

O Goberno catalán reúnese ás cinco da tarde para confirmar a nova data das eleccións en Cataluña.

Dáse por feito que non serán o 14 de febreiro. Vanse atrasar pola pandemia, pero a dúbida é canto. A Generalitat propón celebralas entre maio e xuño.

Discrepan os socialistas cataláns, que queren un mínimo atraso técnico e celebralas antes de Semana Santa, o 14 ou 21 de marzo.

Os partidos están reunidos no Parlamento para debater o asunto.




 

Noticias web

15/01/2021